O pavillón do Val acolle o I Torneo de hockey patíns Cidade de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e a presidenta do club Hockey Narón, Vero Ramos, presentaron a primeira edición do Torneo de hockey patíns Cidade de Narón. Un evento que, tal e como avanzaron, se desenvolverá en horario de mañá e tarde nas instalacións do pavillón polideportivo do Val e que reunirá a preto de 200 deportistas de seis clubs, entre eles o local.

A maiores do Hockey Narón competirán neste torneo os clubs HC As Pontes, HC Cambre, HC Oleiros, Hockey Oroso e a SD Ponferradina. As escolas do Hockey Narón e abrirán a programación co primeiro partido das 11:00 horas e haberá tamén partidos do Narón e os clubs das Pontes e Ponferradina ata as 13:00 horas.

Nese momento, para amenizar a convocatoria, haberá unha exhibición de baile de All dance studio para, ao remate da mesma, proceder á entrega de medallas para a categoría das escolas e rematar a xornada matinal co partido das 13:30 entre os deportistas da categoría alevín do club das Pontes e do Ponferradina.

Tras un descanso para xantar -a AVV Os Irmandiños, do Val, informou que se poderá comer nun posto de polbo que estará nas inmediacións do pavillón- , continuarán os partidos ás 15:45 horas na categoría de prebenxamíns e seguirán ata as 19:30 horas, momento no que haberá sorpresas, sorteos e se procederá á entrega de medallas. Os integrantes do equipo senior do Hockey Narón mix e o CH Oleiros xogarán o último partido ás 20:00 horas.

“Estamos moi contenos de que xoguen neste torneo tantos clubs e queremos agradecer o labor das familias, dos socios e socias e dos adestradores e o seu esforzo, en xeral de todas as persoas que nos apoian”, recalcou a presidenta do Hockey Narón.

O concelleiro de Deportes destacou o feito de que o club local acadase xa importantes resultados nas competicións nas que participou dende febreiro deste ano, con tres categorías, e o labor das persoas que integran o Hockey Narón e das familias.

“É un orgullo que un club dos de máis nova creación na nos acidade conte a día de hoxe cunha xogadora na categoría alevín da selección galega e que na liga autonómica que rematou hai tan só uns días acadase importantes postos”, asegurou Santalla, desexando “moitos máis éxitos na vosa traxectoria, que estou seguro que coa vosa constancia e esforzo acadaredes, e que será un pracer poder celebrar con vós dende Narón”.

Lea también

Valdoviño aproba as bases da autorización de uso das praias por parte das escolas de surf

Haberá un límite de 15 permisos para desenvolver a actividade en todos os areais do …