A praia de Areamorta, en Redes, escenario de excepción do espectáculo REDes do Espazo de Danza da USC

O Espazo de Danza da USC, dirixido por Juan Carlos Zahera, ofrecerá unha peza corografada por Rosa Acuña na que os membros do grupo se van fusionar co espazo, as cabrias e as redes.

redes Espazo de Danza USC

O espazo de Danza da Universidade de Santiago representará este sábado día 7 ás 20:00 horas o seu espectáculo REDes na praia de Areamorta, en Redes. Será da man da Agrupación Instrutiva de Caamouco, entidade encargada
da organización do evento, en colaboración co Concello de Ares e o Club Marítimo de Redes.

Trátase da primeira vez que a compañía representa este proxecto nunha praia. Un lugar especialmente indicado para este evento, tendo en conta o peso que teñen as redes no espectáculo. A intención do grupo e fusionar este elemento coa propia paisaxe de Areamorta e as súas cabrias, xogando coa expresión corporal e a música. Así, a proposta convértese nunha homenaxe ás redeiras e ás cabrias, un dos grandes símbolos de Caamouco,

O Espazo de Danza, dirixido por Juan Carlos Zahera, crea esta nova peza corografada por Rosa Acuña. Unha peza que que naceu neste 2025 e que á marxe de actuar en espazos escénicos establecidos, coma auditorios ou teatros, busca outros nos que a compañía se integre na contorna. De feito, ademais da representación deste sábado na praia de Areamorta, o espectáculo xa foi representado neste último mes noutros espazos singulares coma o Xardín
das Pedras que Falan en Santiago de Compostela. ‘Trátase dunha oportunidade única para gozar dunha proposta de primeiro nivel, de balde, nun espazo tan privilexiado como é a praia de Areamorta’, apuntan dende a Agrupación. ‘A fusión que propoñen entre a danza, as redes e as cabrias converte esta proposta nun fito para a posta en valor do legado mariñeiro do Porto de Redes’, engaden.

Para as persoas que se acheguen dende fóra do concello, dende a Agrupación queren lembrar que está habilitado o aparcadoiro público na contorna do Club de Tenis de Redes, a disposición de todas as persoas non residentes. Un servizo que está situado a apenas catro minutos a pé do centro da vila.

Traxectoria do Espazo de Danza da USC
O Espazo de Danza da USC foi no seu día unha iniciativa pioneira na universidade española. Naceu hai dúas décadas como un laboratorio de danza experimental. Presenta no seu currículo a produción dun cento de montaxes coreográficas e a realización de máis de 1.400 actuacións.

Estivo presente en ducias de festivais, seminarios, mostras ou exposicións. ‘Moitos dos alumnos que pasaron ao longo destes anos polo Espazo de Danza da USC son hoxe en día bailaríns profesionais de referencia, converténdose nunha canteira de futuros profesionais do mundo da danza’, segundo explica o seu director, Juan Carlos Zahera. Ao mesmo tempo indica que ‘a presenza da danza na USC e a inclusión desta disciplina na grella da oferta cultural e artística da institución académica de cara adentro actúa como un atractivo complemento académico e formativo, de cara ao exterior é unha eficaz embaixadora da USC como institución aberta e creativa’.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *