Xabier Díaz presentará en Sedes o seu Cancioneiro Galego Serodio.

O recoñecido cantor galego Xabier Díaz, presentará este domingo día 8, o seu Cancioneiro Galego Serodio. Será da man da Asociación Cultural Vai Rañala Meu! no Centro Cívico de Sedes (Narón) a partir das 13:00 horas.

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu!, trae ao Centro Cívico Social de Sedes ao cantor galego Xabier Díaz, que presentará o seu Cancioneiro Galego Serodio, unha selección do patrimonio oral recollido ao longo de catro décadas e que recolle materiais das máis de 500 entrevistas realizadas ao longo deste tempo.

Este é un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Xorde, por unha parte, da viaxe dun mozo de vinte anos que comenza a facer traballos de campo como ese amador, folclorista, curioso e afeccionado polo noso folclore que aínda segue a ser. Ademais, tamén contribúe a revalorizar a música e baile que dura ata os nosos días.

A actividade é aberta e de balde e non precisa de inscrición previa; E está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

La Armada celebró el tradicional concierto de Navidad, en Ferrol

La Armada celebró en la tarde de este jueves , día 18, el tradicional concierto …