Ares súmase á campaña “Quere o teu Mercado 2025”

No marco das celebracións polo Día Internacional do Mercado, a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse ata o mercado municipal de Ares para acompañar aos preto de 75 nenos de primaria do CPI As Mirandas que visitaron aos praceiros.

Fuente Concello de Ares

En colaboración co centro educativo, o Concello promoveu este percorrido para que puideran entender como se organiza o mercado, como xurdiron as prazas de Abastos e para que serven na actualidade, sabendo que cumpren unha función chave na venda de produtos de proximidade e na dinamización económica da vila.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

O estudantado entregoulle a cada posto do mercado de Ares un pequeno mural cun eslogan personalizado e recibiron, de mans da concelleira de Comercio, un agasallo conmemorativo da campaña.

A concellaría de Comercio que dirixe Lucía Blanco sumouse así á iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en 41 mercados ou prazas de abastos en toda Galicia, o Quere o teu Mercado 2025, que pretende visibilizar o seu papel nas contornas urbanas e poñer en valor a calidade e atención personalizada dos praceiros.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

Con todo, a celebración da efeméride continuará o sábado, 31 de maio, cunha actuación musical no Mercado de Ares grazas á banda de gaitas Trouleada, que percorrerá as instalacións para contribuír na dinamización do espazo de carácter municipal.

Lea también

Valdoviño aprueba 50 ayudas de apoyo al estudio

El Ayuntamiento destinará una partida ligeramente superior los 7.000 euros a esta línea de subvenciones …