Chega a Cedeira “Vitória”, o retrato autobiográfico de Iria Pinheiro

O Auditorio Municipal acollerá a obra o sábado e será escenario o domingo dun festival de danza solidario promovido pola delegación local da AECC.

Auditorio Municipal de Cedeira-Foto archivo

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 31 de maio, a representación da peza “Vitória”, unha obra de teatro documental e autobiográfico na que a actriz Iria Pinheiro conta a súa experiencia xudicial tras denunciar por acoso sexual ao director do programa de televisión no que traballaba.  A representación, promovida desde a Consellería de Igualdade, comezará ás 20.00 horas e a entrada é de balde ata completar o aforo.

Iria Pinheiro (Ourense, 1978) reconstrúe nesta montaxe a historia que viviu en primeira persoa entre 2017 e 2023, tras interponer unha denuncia por acoso sexual. Nela intercala a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaret. No elenco están, ademais dela, Victoria Pérez e Salva del Río.

Pinheiro é actriz, presentadora, guinista, cabareteira… cunha carreira profesional que abrangue o cine, a televisión e nos últimos anos o teatro documental. En 2018 gañou o Premio María Casares coa obra “Anatomía dunha serea”, sobre a violencia obstétrica.

O Auditorio Municipal acollerá o domingo outra cita, neste caso coa danza e de cariz solidario. A delegación local da Asociación Española contra o Cancro organiza o evento “Bailando contra o cancro”, coa colaboración da Escola de Danza Danzalia Mundi, un centro da Coruña que ofrecerá bailes de Bollywook, e danzas tribais, orientais e da Polinesia. As entradas custarán 5€ e estarán á venda na billeteira a partir das 17.00 horas. O festival comezará ás 18.30horas.

Lea también

Última oportunidade en Neda para apuntarse ao taller intensivo de interpretación deste sábado

Últimos días para anotarse no taller intensivo de interpretación que terá lugar este sábado na …