Os Camiños Inglés e Fisterra-Muxía medran no exterior co impulso da Deputación

O deputado provincial responsable dos Camiños da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o deputado e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Bernardo Fernández, lideraron as intervencións institucionais na IV Mesa dos Camiños, celebrada no Pazo de Mariñán.

Fuente Diputación de A Coruña

O encontro reuniu representantes políticos, empresariais e académicos vinculados ás rutas xacobeas da provincia, entre os que destacaron os presidentes das principais asociacións: Bernardo Fernández, polo Camiño Inglés, e Áurea Domínguez, pola Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía. Participaron tamén o director xerente do XacobeoIldefonso De La Campa, representantes de concellos, da CMAT, da Universidade da Coruña e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Durante a xornada fíxose balance das accións desenvolvidas pola Deputación no último ano para a promoción e internacionalización dos Camiños Inglés e Fisterra-Muxía. Entre os fitos destacados salientouse a participación en eventos internacionais como a visita ao condado de Durham ou a presentación ante a Confraternity of St. James en Londres, así como o proxecto de continuidade na sinalización do tramo entre Reading e Southampton no Reino Unido.

No ámbito galego, destacou o impulso do programa «Arte no Camiño», unha iniciativa cultural que busca enraizar a arte contemporánea nas rutas xacobeas e que conta con vocación de continuidade.

Bernardo Fernández expuxo o balance anual da Asociación do Camiño Inglés, poñendo o foco no crecemento do impacto económico nas vilas do itinerario, o perfil diverso dos peregrinos e peregrinas, e o éxito das accións promocionais realizadas ao longo do ano.

A sesión incluíu tamén unha presentación das actuacións desenvolvidas pola Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, como o plan de comunicación dixital, os cursos de formación en turismo sustentable e o novo vídeo promocional, estreado na feira FITUR 2025.

Fot. arch.

Pola súa banda, o representante da Xunta de Galicia, Ildefonso De La Campa, destacou o incremento do número de peregrinos, cunha estimación que supera nun 40% os datos oficiais da Oficina do Peregrino, e informou das medidas para mellorar a seguridade viaria, separando os fluxos de vehículos e peregrinos.

Tanto Antonio Leira como Bernardo Fernández coincidiron en destacar a crecente colaboración institucional e a implicación dos axentes locais como elementos clave para a conservación e promoción das rutas xacobeas, entendidas como motor de desenvolvemento sostible e dinamización do territorio.

Lea también

La Copa de España de BTT Montefaro Enduro Race llega este fin de semana a Ares

El evento deportivo traerá un año más a casi 200 ciclistas de todo país al …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *