O Océano Surf Museo organiza visitas escolares e abertas á cidadanía para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O centro únese este ano ao Consello Internacional de Museos-ICOM.

Foto archivo-Museo Oceano Surf en Valdoviño

O Océano Surf Museo de Valdoviño concentrará esta semana a meirande parte da programación deseñada para conmemorar o Día Internacional dos Museos. Este ano, o centro únese ao ICOM (Consello Internacional de Museos), de modo que se favorece unha promoción en rede das diferentes actividades previstas.

O calendario arrincará este xoves 22 de maio cunha visita didáctica ao museo por parte do alumnado de 5o e 6o de Primaria do CPI Atios e do CEIP Nicolás do Río de Cedeira. O percorrido pola colección do centro centrarase no papel do surf como unha forma de arte, de memoria e de comunidade. Conceptos e paradigmas como a cultura oceánica global, o poder das rompentes e das mareas, a súa importancia para a biodiversidade e o poder de conectar lugares e persoas estarán implícitos. Así mesmo, a visita tocará competencias clave da aprendizaxe continua do currículum educativo.

O sábado 24 de maio o Océano Surf Museo convida á cidadanía en xeral a participar dunha visita guiada ás instalacións por Vicente Irisarri, un dos impulsores do museo, e polo fotógrafo José Ángel Niño, máis coñecido por ANIKUNI, e autor da mostra que acolle na actualidade a sala de exposicións temporais do centro. Celebrarase de 12 a 14 horas, con prazas limitadas e inscrición previa a través do whatsapp 690 149 198.

E finalmente, o venres 30 de maio, o museo acollerá a presentación da obra «Otro mar. Los orígenes del surf en Galicia», de Jesús Busto. Unha publicación que recorre o espazo temporal entre 1967 e 1983, os primeiros quince anos de surf en Galicia, a través da testemuña dos seus protagonistas.

Lea también

Ferrol participa en la XIX Feria Modernista de Barcelona

La ciudad tendrá su propio stand en este evento que se celebra del 23 a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *