Neda festexaba cos máis cativos e cativas da casa o Día das Letras Galegas

 

Foto.-Concello de Neda

Neda festexaba na mañá deste venres 17, cos máis cativos e cativas da casa, o Día das Letras Galegas.

A casa da cultura convertíase no perfecto escenario para acoller o espectáculo “Dende Rosalía ata as cantareiras. As mulleres nas Letras”, de A Xanela do Maxín. Un tributo ao legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos, e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura.

Un espectáculo no que non faltou de nada, dende narración oral, música ou teatro ata proxeccións holográficas. 

LETRAS GALEGAS neda 2

 

Lea también

Neda aprueba incorporar al actual presupuesto las líneas de subvención en concurrencia

Neda convocará durante el próximo trimestre las ayudas para apoyar a las familias con hijos …