Pontedeume, primeira Vila do Libro de Galicia, apadriña a nova ‘Marín Vila do Libro’

A vila de Pontedeume, pioneira en Galicia na creación do proxecto cultural “Vila do Libro”, estreita lazos coa nova integrante deste movemento literario, apadriñando oficialmente a ‘Marín Vila do Libro’. 

O acto de apadriñamento celebrouse este venres na inauguración oficial de Marín Vila do Libro, un evento que contou coa participación institucional do Concello de Pontedeume. O primeiro tenente de alcalde, José Simoes, e a concelleira de Cultura, Alejandra Bellón, acudiron á cerimonia en representación da vila eumesa, compartindo a súa experiencia como primeira “Vila do Libro” galega e ofrecendo o seu apoio á nova iniciativa marinense. 

Durante o evento, destacouse a importancia da rede de vilas do libro como motores de dinamización cultural, económica e turística para os concellos, e como espazos de encontro arredor da lectura, a creación e o patrimonio local. 

Pontedeume, recoñecida desde 2023 como a primeira Vila do Libro de Galicia, ten desenvolvido un ambicioso programa cultural que serviu de inspiración para este novo proxecto en Marín, que agora toma a remuda cun programa cheo de actividades literarias, artísticas e musicais. 

O Concello de Pontedeume amosa así o seu compromiso coa difusión da cultura galega e co apoio a novas iniciativas que, coma esta, enriquecen o panorama cultural do país e consolidan a rede de vilas do libro en Galicia. 

Lea también

Dos ponteses firman el cartel que representará la imagen del Festival Intl. do Mundo Celta de Ortigueira

La obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto y Joseba Silvent, vecinos del Ayuntamiento de As …