Dobre cita cultural en Neda para conmemorar o Día das Letras Galegas

O Concello de Neda celebra este sábado 17 por partida dobre o Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión á poesía popular oral. Un espectáculo para o público familiar e un concerto das cantareiras Alxibeira conforman o groso da programación municipal. As actividades centralizaranse na Casa da Cultura.

Fuente Concello de Neda

A oferta cultural inclúe, a partir das 12 horas, o espectáculo multidisciplinar “Dende Rosalía ata as cantareiras. As mulleres nas Letras” de A xanela do maxín. A proposta combina narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías, co obxectivo de exaltar a herdanza de todas mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas, facendo especial fincapé nas cantareiras.

Fuente Concello de Neda

A partir das 20.30 horas, será a quenda do concerto das cantareiras e da charanga de Alxibeira. Unha cita que permitirá coñecer o repertorio da agrupación naronesa, xurdida hai case corenta anos co obxectivo de revalorizar o folclore e recuperar as nosas tradicións. A venda de entradas (2 euros) comezará unha hora antes da cita musical.

Ademais, manterase durante toda a próxima semana na biblioteca a exposición cos carteis gañadores do Concurso Letras Galegas 2025 da Secretaría Xeral da Lingua, elaborados polo instituto Castelao de Vigo e o colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda. As actividades especiais das Letras Galegas, arrancaban días atrás co concerto tributo da instrumentista local María López ao traballo de “Lucía da Conceiçâo Fernándes, a cega do Covelo”.

Lea también

La Crebinsky Balkan Band protagoniza este jueves una nueva cita de ‘Os Xoves da Capela’ en Ferrol

El Centro Cultural Torrente Ballester acoge este jueves 16 de abril, a partir de las …