Ares adecúa o acceso á praia de Seselle pola contorna de Os Castros

A adecuación de acceso á praia de Seselle pola zona de Os Castros vén de arrancar a comezos desta semana para mellorar a entrada da veciñanza e visitantes a este areal con gran emprego no período estival. A intervención, executada pola Demarcación de Costas de Galicia, será fundamental para impulsar a súa accesibilidade e contará, segundo a información aportada dende a Demarcación, cun prazo de execución próximo ao mes.

As obras demolerán a escaleira de formigón, actualmente en mal estado, e materializarán unha nova con formigón coloreado e varanda de madeira. Tamén acondicionarán o acceso peonil cunha nova senda de conglomerante hidráulico e árido, de igual maneira delimitado por unha segunda varanda.

A intervención parte dun orzamento de 61.278,20 euros, asumidos integramente por Costas de Galicia, e materialízase tras o proceso de diálogo aberto entre o Concello e a propia entidade supramunicipal no que se dirimiron cuestións vencelladas á coordinación de esforzos para a mellora do litoral de Ares.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo de Ares, contextualizou a actuación dentro da planificación municipal focalizada no impulso da accesibilidade aos areais de Ares, de tal xeito que “esta intervención vén a continuar o desenvolto anteriormente na contorna da praia do Xuncal, a baixada ao Raso ou mesmo no areal de Chanteiro, con traballos centrados na mellora paulatina dos accesos e a posta en valor destes espazos naturais tan relevantes para a vila”.

Lea también

Charla informativa en Valdoviño sobre las ayudas LEADER

Valdoviño ha acogido en la tarde del miércoles 14 una charla informativa sobre las ayudas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *