Neda organiza un concerto do grupo de cantareiras Alxibeira no Día das Letras Galegas

O Concello de Neda programa este sábado 17, Día das Letras Galegas, que este ano se dedica ás cantareiras e á poesía popular oral, un concerto de Alxibeira, veterano grupo de cantareiras do Padroado de Cultura de Narón, e máis pola súa charanga. A actuación terá lugar na Casa da Cultura de Neda, a partir das 20.30 horas.

 

A proposta musical, que chega á nosa vila co apoio da Rede cultural da Deputación da Coruña, permitirá á veciñanza coñecer o repertorio da agrupación naronesa, xurdida hai case corenta anos co obxectivo de revalorizar o folclore e recuperar as nosas tradicións.

O público que se se achegue ao espectáculo poderá desfrutar dun repertorio formado por cantigas e música tradicional propias de aldeas das catro provincias galegas e máis. Soarán nesta xotas, muiñeiras, valses…

O concerto, cuxas entradas se poderán adquirir por 2 euros dende unha hora antes do comezo, completa a oferta especial de actividades do Concello paraconmemorar as Letras Galega. Unha programación que incluirá tamén nesa xornada o espectáculo multidisciplinar para o público familiar “Dende Rosalía ás Cantareiras”. As mulleres nas Letras” (Casa da Cultura, 12 horas).

Lea también

Fene anuncia dous campamentos dixitais para a mocidade entre os meses de xullo e agosto

O Concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza dous campamentos dixitais, dirixidos a mozos de …