A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) actúa este xoves 15 de maio no Auditorio de Ferrol ás 20:30 horas, dentro do ciclo organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana.
Nesta ocasión, a OSG estará dirixida por Michael Sanderling e contará coa interpretación de Varvara Nepomnyaschaya ao piano. O programa do concerto inclúe as seguintes composicións:
Concerto para a man esquerda en re maior de Maurice Ravel. É unha obra de gran intensidade e virtuosismo, escrita para o pianista Paul Wittgenstein, quen perdeu o brazo dereito na Primeira Guerra Mundial. Ravel desprega un amplo espectro sonoro e emocional, creando unha obra de profunda beleza e dramatismo.
Sinfonía nº 7 en do maior, op.60 Leningrado de Dmitri Shostakóvich. Composta durante a 2ª Guerra Mundial, é un poderoso testemuño do espírito humano ante as adversidades. A súa monumentalidade e carga emocional convértena nunha das obras máis emblemáticas de Shostakovich.
Michael Sanderling é director titular da Orquestra Sinfónica de Lucerna dende 2021. O seu nomeamento produciuse tras unha frutífera colaboración de moitos anos, co obxectivo común de seguir desenvolvendo aa orquesta no repertorio romántico tardío, como Bruckner, Mahler e Strauss.
A pianista rusa Varvara Nepomnyaschaya ten un amplo repertorio que inclúe música de todos os períodos. Ao longo da súa traxectoria, colaborou con orquestras de grande prestixio como Hungarian Radio Symphony, National de Lille, Sinfónica de Bilbao, Polish National Radio Symphony Orchestra, Sinfónica de Valencia, Tchaikovsky Symphony Orchestra e a Orquestra Sinfónica de Galicia, esta última dende a temporada 2019-2020.
As entradas están dispoñibles na billeteira do teatro Jofre e no Auditorio (neste último caso, abrirase dúas horas e media antes do inicio do concerto) e na web de Ataquilla . O prezo das mesmas é de 16 euros para público xeral e de 5 euros para os socios da Sociedad Filarmónica Ferrolana.