A Deputación premia a catro estudantes no concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn mocidade

Os gañadores foron Iñaki Echarte, do CPR Salesianos San Juan Bosco da Coruña; Iago Maseda, do CPR Plurilingüe Cristo Rey de Oleiros; Sofía Cao, do CPR La Salle de Santiago de Compostela; e María Tubío, do centro FESAN de Santiago. O relato “Praia de Doniños”, de Iago Maseda, impúxose como gañador do certame.

A Deputación da Coruña vén de resolver o concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn mocidade, unha proposta literaria dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional da provincia, coa finalidade de fomentar a escrita creativa e divulgar a riqueza dos concellos coruñeses a través da palabra.

Fuente Diputación de A Coruña

Nesta primeira edición, presentáronse 166 microrrelatos procedentes de centros educativos de toda a provincia. O xurado, presidido polo vicepresidente, Xosé Regueira e formado por Maria Lema, xefa de departamento na Biblioteca Provincial; Paula Cabado, técnica de proxectos da sección de turismo; Patricia Cernadas, especialista en literatura e com Maite Loureiro Ventureira, xefa da sección de promoción e desenvolvemento turístico como secretaria, seleccionou os catro relatos gañadores correspondentes a cada categoría, así como un premio final entre eles.

Na categoría A, destinada ao alumnado de primeiro e segundo da ESO, resultou gañador “A tecedora de la”, de Iñaki Echarte, estudante do CPR Salesianos San Juan Bosco da Coruña. O xurado destacou o ton de fábula do relato e a súa ensinanza sobre a importancia de valorar o propio, cunha trama ben estruturada e un estilo coidado.

Na categoría B, para alumnado de terceiro e cuarto da ESO, o relato premiado foi “Praia de Doniños”, de Iago Maseda Truyols, do CPR Plurilingüe Cristo Rey de Oleiros. A súa capacidade para condensar espazo, personaxes e conflito nun texto suxestivo e aberto a interpretacións converteuno, ademais, no gañador absoluto do certame. Por esta razón a obra será adaptada como curtametraxe, segundo o previsto nas bases do concurso.

Na categoría C, correspondente a Bacharelato, a gañadora foi Sofía Cao Fontán, do CPR La Salle de Santiago de Compostela, coa peza “O último croque”. O texto ofrece unha imaxinativa viaxe no tempo narrada cun bo ritmo e unha linguaxe precisa, mantendo o misterio e recreando unha atmosfera envolvente.

Na categoría D, dirixida ao alumnado de ciclos formativos, impúxose “No teu batel, abalar”, de María Tubío Boo, do centro FESAN de Santiago de Compostela. O xurado salientou a orixinalidade e fondura coa que aborda o drama do naufraxio mariñeiro, a través dunha voz narrativa íntima e potente, nun estilo lírico e sensorial.

Os catro autores recibirán un bono cultural de 100 euros, ademais dunha saída cultural para o conxunto das súas aulas. A Deputación quere agradecer a alta participación e felicitar aos centros educativos e á mocidade pola calidade e diversidade dos traballos presentados, que amosan unha notable creatividade e compromiso coa cultura do territorio.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …