A Deputación da Coruña apoia con 420.000€ proxectos de conservación do medio ambiente

A Deputación da Coruña apoia con 420.000 euros a 41 entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolven actividades ou realizan investimentos no ámbito da conservación do medio ambiente.

Fuente Diputación de A Coruña

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o luns 12 de maio as resolucións definitivas de dúas liñas de subvencións no ámbito do medio ambiente , que van dos 2.000 aos 25.000 euros por entidade. A través destas achegas fináncianse proxectos de conservación de hábitats de alto valor natural e do medio mariño, algúns deles cunha longa traxectoria coma o programa de custodia do territorio da Fundación Fragas do Mandeo ou a actividade “Defende o mar a través do surfing” de Surf and Clean, dirixida aos escolares da provincia e que contempla actividades tanto nas aulas dos colexios como nas praias.

Tamén se financian accións de limpeza de espazos naturais, actividades de sensibilización ambiental ou de conservación de especies de fauna e flora autóctona, como o proxecto da Asociación Vento Noso para a mellora da calidade da auga en zonas rurais, o mantemento e ampliación da senda peonil do río Condomiñas da Asociación dos Ríos de Cedeira ou a recuperación do bosque autóctono da Fraga do Faroleiro, da Asociación Fragas do Ortegal.

A deputada responsable da área de Medio Ambiente, Rosa Ana García, subliñou que estas axudas contribúen a preservar a riqueza medioambiental da provincia e á sensibilización da sociedade, e particularmente dos escolares, sobre a importancia de coidar o planeta e promover a sustentabilidade en todos os ámbitos.

Lea también

Fernández Piñeiro continúa como secretario xeral del PSOE provincial con notable apoyo de la militancia

El alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, ha sido proclamado de nuevo como secretario xeral …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *