O Club de Pádel de Ortigueira «A» logra o ascenso á segunda división galega

Este ano o Club de Pádel de Ortigueira está de parabéns;  O pasado sábado 10 de maio o seu equipo A impúxose no resultado da última xornada de liga, conseguindo a vitoria no seu grupo da 3ª división da liga galega de pádel, logrando un ascenso directo á 2ª división do pádel galego. 

Dende o Club expresan o seguinte «O Club de Pádel quere dar agradecementos a todos estes xogadores que conseguiron este logro tan importante e dun alcance tan grande para o noso Club e para o noso Concello». «Cuns xogadores e socios do Club que loitan dende fai moitosanos polo noso Club». Un equipo caracterizado pola unión dos seus xogadores e o bo ambiente que xeran, competindo deportivamente ao máis alto nivel e demostrándoo día a día» manifestan.

«Por outra banda, tamén temos que celebrar a clasificación do Club de Pádel Ortigueira B aos playoffs de ascenso á 4ª división galega que se disputarán os dous últimos fines de semana de maio, despois dunha magnífica tempada, construíndo un equipo moi unido. Agradecendo os esforzos de todos os xogadores que contribuíron tanto a conseguir chegar ata aquí. Sempre cun sorrisoeconespírito deportivo» expresan dende o Club. 

«Con todos estes logros deportivos conseguidos polo noso Club, poñendo unha vez máis a Ortigueira no mapa, é un gran momento para cumprir a demanda histórica co pádel ortegano e por fin poder contar cunhas pistas deportivas que permitan poder competir de locais no noso Concello, atraendo á xente nas xornadas locais, promocionándoas cos equipos da contorna e dando o nivel de xogo merecido a estes equipos. Coa chea de vantaxes que supón, no 2026 sería motivador dar a estes xogadores de segunda división unhas pistas nas que poder competir as xornadas de locais e invitar a tódolos veciños a velos sen ter que desprazarse uns 100 km», conclúen.

Lea también

Sara Guerrero bronce en la Copa del Mundo de Triatlón en Chengdu

El triatlón internacional volvió a escena este sábado con la Copa del Mundo de Chengdu, celebrada …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *