Fene programa vinte espectáculos da Rede Cultural e Cultura no Camiño para 2025

O Concello de Fene vén de acollerse un ano máis ás convocatorias de Cultura no Camiño, programa impulsado pola AGADIC da Xunta de Galicia, e Rede Cultural, da Deputación da Coruña, para o ano 2025. Con estas axudas, que se complementan con fondos propios do Concello, a concellería de Cultura organiza boa parte da súa programación cultural anual. Trátase dun amplo abano de propostas totalmente de balde, dirixidas a todos públicos.

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia, o programa Cultura no Camiño promove o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago. Para este ano Fene ten concedida unha subvención de 2.500 € coa que se organizarán as seguintes actividades:

8 de xullo: Teatro Ghazafelhos co espectáculo Historias para escagharriñarse. Na praza ubicada entre os bloques 11 e 12 de San Valentín, a carón do CPS. Actividade programada dentro do Ciclo, Xullo Mes da Patria Colabora: CPS de San Valentín.

2 de agosto: Concerto de Familia Caamagno no Parque da Hortiña durante o Felicia Pop Festival. Colabora: AC Felicia.

No marco do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña, o Concello de Fene dispón dun total de 18 espectáculos para cubrir a programación cultural ao longo do ano, subvencionados ao 50% entre a Deputación e o propio Concello. As actuacións serán as seguintes:

Pendente de data. Concerto de Pepe Piña. Colabora: CMI Unidade de Fene

5 de xullo: Silbarda da Asociación Airiños da Capela (Cantos de taberna) durante a Romaría do Camiñante. Colabora: ACRD Liga de Amigos de Barallobre.

9 de xullo: Monólogo de Federico Pérez na Praza do alcalde Ramón J. Souto González. Actividade programada dentro do Ciclo, Xullo Mes da Patria. Entrada baixo reserva.

10 de xullo: Concertos de Ulex (Lonxe de ti) e De Ninghures (Feira) na Praza do alcalde Ramón J. Souto González. Actividade programada dentro do Ciclo, Xullo Mes da Patria.

29, 30 e 31 de xullo: Actuacións de The Shesters Moc Moc (La Chimba), Peter Punk Pallaso (A Chungatrona) e Sempre Arriba (Cést pas possible) respectivamemte. Programadas dentro das actividades do Perla Mural Fest. Realizaranse en distintos lugares da parroquia de Perlío. Colabora. Asociación Perla Mural Fest.

31 de agosto: Teatro ó cubo (Ghop!) durante a Romería do Pote. Colabora: ACRD O Pote.

6 de setembro: Brassica Rapa (Ghrelo Power) durante as actividades do Fenerock Festival no Paseo Marítimo de San Valentín. Colaboran: Centolos AC.

14, 21 e 28 de novembro: Monólogos de Malala Ricoy (Sexo seguro, seguro?), Roi da Costa (A miña vida sendo outro) e Isabel Risco (Nabiza Girl II), respectivamente, no salón de actos do Museo do Humor Xaquín Marín. Actuacións programadas dentro do Ciclo Novembro, Mes do Humor.

11, 12 e 18 de decembro: Caxoto, A Trastenda dos Contos (Contos debuxados, contos contados), Fantoches Baj (Castelao, un corazón á interperie) e Caramuxo Teatro (Catro) no Salón de Actos da Casa da Cultura. Actividades programadas dentro do ciclo municipal de Nadal.

13 de decembro: Pakolas (Pakolas e as tripulantas) no salón de actos do CCRD de Perlío. Colabora: CCRD de Perlío. Actividade programada dentro do ciclo municipal de Nadal.

23 de decembro: Monólogo de Avelino González (Contos para contar cartos) no local social da AVV Magalofes. Colabora: AVV San Xurxo de Magalofes. Actividade programada dentro do ciclo municipal de Nadal.

Lea también

Novo ciclo musical en Ortigueira ‘Os solpores da Ribeira’ no porto de Espasante

Este sábado, 23 de agosto, comeza un novo ciclo musical en Ortigueira: ‘Os solpores da Ribeira’, …