Moeche celebra as Letras Galegas con música, libros, contacontos e deporte

A Real Academia Galega decidiu homenaxear nas Letras deste ano 2025 ás cantareiras e a través delas, á poesía popular oral. Moeche celebrará a festa das Letras e tamén a nosa lingua con varios actos organizados para os próximos días tanto polo Concello como polas entidades veciñais. A música, os contacontos, os libros e o deporte serán os espazos das actividades do Concello para celebrar a nosa cultura, ao que se unirán as actividades das entidades veciñais.
 
 
O Concello comeza o seu programa o domingo 18 de maio coa Andaina pola Lingua, un percorrido polo Val de Moeche desde as 10.30 horas, doado, que ira acompañado do achegamento á toponimia dos lugares polos que transcorre a andaina. Rematará no Castelo , cun evento musical e uns petiscos para coller forzas. Inscricións presencialmente na Casa do Concello, no correo danile.feijoo@moeche.gal ou no 981 404006
 
A seguinte fin de semana, o domingo 25 de maio pola mañá -12.00 horas- no Castelo , co contacontos Cantareiras, da man do grupo Polo correo do Vento. Dirixido a todos os públicos, permitiranos achegar de forma lúdica e ilustrativa ás mulleres que mantiveron e difundiron a poesía popular oral. Na actividade agasallarase cun libro a cada participante. Esta actividade está financiada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña
 
xa no mes de xuño, para facer cadrar co peche do curso escolar, o Concello traslada a escola o obradoiro da Xanela do Maxín, “De Rosalía ás Cantareiras”, unha actividade para o alumnado do CEIP San Ramón que o Concello ofrece coa colaboración da Rede Cultural da Deputación.
 

Lea también

Ferrol formará parte del programa ‘Escena ao vivo!’ de la Deputación da Coruña

Este lunes la junta de gobierno local ha aprobado el convenio entre el Concello de …