O PEL da Deputación da Coruña leva concedidas 142 axudas en Valdoviño por preto de 1,2M€

A deputada de Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitaron a empresa local Herrería Jaime, beneficiaria dunha das 142 axudas concedidas polo Plan de Emprego Local (PEL) no municipio.

Fuente Diputación de A Coruña

Durante a visita, foron recibidos polo empresario Jaime Fraga Ulfe, quen lles mostrou as instalacións e os traballos realizados na ferrería, un negocio que combina técnicas artesanais con maquinaria moderna. Grazas á axuda do PEL, a empresa puido adquirir novo material necesario especializado para a súa actividade, co que deu un salto cualitativo na súa actividade.

Tanto a deputada como o alcalde puxeron en valor a importancia do PEL como ferramenta para impulsar a actividade económica e a creación de emprego nos concellos máis pequenos da provincia, ao tempo que se aposta pola preservación de oficios tradicionais como o da ferrería, facilitándolles adaptarse ás demandas e necesidades actuais dos seus clientes.

Desde a súa creación en 2017, o PEL da Deputación acumula investimentos en Valdoviño por importe de 1,2 millóns de euros, con axudas que beneficiaron a persoas emprendedoras, autónomos e pemes, e que fixeron posible a creación de 33 empregos no ámbito público e privado do municipio.

Fuente Diputación de A Coruña

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña segue a contar cunha elevada demanda, cun total de 6.176 solicitudes rexistradas neste 2025 tras o peche do prazo de solicitudes, o pasado mes de marzo.

Estes datos demostran a consolidación do PEL como unha ferramenta útil para o os pequenos negocios, autónomos e emprendedores dos concellos de menos de 20.000 habitantes provincia, axudando tamén fixar poboación e enfrontar o reto demográfico dos municipios rurais.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …