Cerdido rescata os oficios do Ortegal na mostra ‘Unha obra, unha mirada’

O Concello de Cerdido, no marco da iniciativa Unha obra, unha mirada, acolle durante o mes de maio unha exposición fotográfica que dá testemuña dos oficios tradicionais do Ortegal ao longo do século pasado.

A mostra inclúe imaxes da pesca, da gandeiría ou das tarefas do fogar, entre outras, que recollen o día a día das xeracións pasadas da comarca. As persoas interesadas en realizar esta viaxe ao pasado poden visitar a exposición na casa do Concello, onde permanecerá dispoñible durante todo este mes de maio.

Lea también

Actualización sobre el abastecimiento de agua en el Concello de Neda

Veolia, empresa concesionaria del servicio municipal de abastecimiento, sigue trabajando en alternativas para aumentar el …