Apertura da inscrición na cuarta edición das 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla recordou que este xoves 1 de maio, abre o prazo de inscrición nas 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón, que se desenvolverán o vindeiro 27 de setembro. As persoas interesadas en participar nesta gran proba de ultrafondo do noroeste poderán anotarse a través das web: www.21leguas.es ou emesports.es/eventos.

Competición de una 21 Leguas | Cedida

Santalla recordou que a tarifa de prezos máis reducida nas inscricións será precisamente nos primeiros catro días, do 1 ao 4 de maio, incluídos, cun custe de 55 euros. Así mesmo, indicou que a tarifa incrementarase ata os 70 dende o 5 de maio ata o 30 de xuño e ata os 80 euros do 1 de xullo ao 31 de agosto. O Concello organiza a proba co Club Deportivo Narón 101 e en colaboración con diferentes administracións e empresas.

Os marchadores poderán anotarse na modalidade de marcha individual ou por equipos; os ciclistas nas de individual, parellas ou equipos e tamén haberá a opción de e-bike, na modalidade de individual.

A saída e a meta das 21 Leguas establecerase, como cada ano, no paseo marítimo de Xuvia. Os marchadores disporán dun prazo de 24 horas para percorrer un tramo de 101 quilómetros que discurrirá polos concellos de Narón, Ferrol e Valdoviño e os ciclistas terán un tempo máximo de 12 horas para completar ese percorrido, con saída e meta no paseo marítimo de Xuvia. 

Esta proba de superación persoal ofrece aos participantes a posibilidade de coñecer o patrimonio histórico, cultural e natural de Narón e comarca.

 

Lea también

A la venta las entradas para el partido de este domingo entre el Racing de Ferrol y el Real Zaragoza

El encuentro, correspondiente a la jornada 38 de LALIGA Hypermotion, se disputará el 4 de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *