A Deputación inicia os trámites de expropiación para a mellora da estrada DP 2502, en Valdoviño

As obras supoñen un investimento de preto de 420.879 euros, dos que 36.000 € se destinan a expropiacións. Os veciños propietarios dos terreos están citados o día 3 de xuño na antiga unitaria de Vilaboa.

O Boletín Oficial da Provincia publicou esta semana (martes 29) o anuncio do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos dos 38 predios afectados polo proxecto de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 2502 en Vilaboa (Valdoviño).

Os veciños propietarios dos terreos están citados o día 3 de xuño na antiga escola unitaria de Vilaboa, entre as 10.30 e as 12.00 horas.

O proxecto supón un investimento de 420.879 euros, dos que algo máis de 36.000 € se destinarán a expropiacións dos terreos necesarios para a ampliación da plataforma da calzada .

A plataforma da estrada ampliarase para conseguir un ancho total de 8,25 m., con dous carrís de 3 metros de ancho en cada sentido de circulación, unha pequena beiravía exterior esquerda de 25 cm de ancho e unha beiravía exterior dereita de 2 metros de ancho que permitirá o tránsito seguro de peóns. A beiravía transitable executarase cunha capa de rodaxe con formigón hidráulico coloreado para distinguilo do resto da plataforma, priorizando o uso de cores que se integren co medio no que se implantará a obra.

A sinalización da estrada realizarase completa, tanto a sinalización horizontal coma a vertical. Ademáis, colocaranse varios redutores de velocidade tipo lomo de asno ao longo do tramo.

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …