As Xornadas Literarias adicadas a Castelao en Neda finalizan cun espectáculo de “Polo Correo do Vento”

Neda pechaba na mañá do domingo 27 a programación das súas Xornadas Literarias adicadas a Castelao cun espectáculo de “Polo Correo do Vento” dirixido aos máis pequenos da casa. Unha actividade coa que achegar a figura dun dos grandes intelectuais galegos do século XX a nenas e nenos a través da palabra, do debuxo e da música.

Fuente Concello de Neda

O narrador Enrique Mauricio, o músico Antón Ke co seu ukelele e o ilustrador Carlos Taboada contaron, cada un ao seu modo e coa súa arte, unha historia baseada no relato “O negriño Panchito”.

Fuente Concello de Neda
Fuente Concello de Neda

Moitos guiños a Neda e sempre buscando a complicidade do público, conseguiron que o pasasen en grande aprendendo. Ademais, a actividade completábase cun obradoiro no que pequenos e maiores realizaban a súa propia ilustración de Castelao, cuns resultados moi notables. 

Lea también

A Deputación da Coruña apoia a mellora da Casa do Morcego en Valdoviño a través do PEL

Rosa Ana García visitou a casa rural, que recibiu axudas do PEL para adquirir nova …