Dispoñibles as entradas en Narón para as zonas camper, acampada e glamping do Gulliver Fest

As persoas interesadas en adquirir algunha das entradas dispoñibles para as zonas camper, de acampada e glamping do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest poden facelo a través da web: https://gulliverfest.naron.gal/.

Así o anunciaron dende o Concello de Narón e a asociación Furgo Galicia, organizadores do evento, que este ano alcanza a súa sexta edición e que se desenvolverá do 7 ao 10 de agosto na área recreativa de Pedroso. Os prezos, tal e como indicaron dende Furgo Galicia, varían en función das datas nas que se adquiran as entradas para pernoctar nestas zonas, sendo máis económicas ata o vindeiro 14 de maio e incrementándose os prezos do 15 de maio ao 15 de xullo e novamente do 15 de xullo ao 5 de agosto, tal e como se especificou.

Toda a información sobre a distribución das prazas e os prezos pódese consultar a través da web do festival, onde tamén está xa habilitado o formulario para realizar a tramitación pertinente.

A partir do 5 de agosto pecharase a venda online, podendo adquirilas no caso de que quede algunha dispoñible na zona do festival durante as datas nos que se celebrará. Dende a organización informaron tamén da apertura do prazo para preinscribirse a través da web no mercado de artesanía que se instala cada ano nas inmediacións do muíño de Pedroso. Poderán instalarse unha quincena de postos.

Este evento ofrece unha gran variedade de propostas pensadas para xente de todas as idades. Concertos, obradoiros, actividades deportivas, un espazo de lectura e as xa coñecidas charlas viaxeiras, nas que se explican en primeira persoa as vivencias e historias de persoas que viaxan polo mundo nas súas furgonetas.

A programación ao completo poderá consultarse na citada web do festival a medida que se vaia confirmando e tamén nas redes sociais do Concello e da asociación Furgo Galicia.

Lea también

A alcaldesa de Narón recibe a Marcos López Balado, dobre subcampión no Cto de Europa de ISKA de Kicboxing

A alcaldesa de Narón Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron no …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *