Aberto o prazo en Narón para solicitar a instalación de postos de artesanía na Feira de exaltación do porco ao espeto

A celebración da II Feira de exaltación do Porco ao espeto en Pedroso, Narón, o vindeiro 23 de agosto, incluirá a celebración dun mercadiño artesán.

As persoas interesadas en vender os seus produtos poden aínda solicitar a súa participación, contactando co número 699 724 277 (Elena), onde lles informarán sobre a dispoñibilidade dos mesmos.

Os postos permanecerán abertos ao público en horario de mañá e tarde, durante a celebración da citada feira, e localizaranse no propio recinto no que se desenvolverá a feira. A participación é de balde, se ben será preciso aboar previamente unha reserva, a modo de fianza, que se desenvolverá o mesmo día do evento unha vez que estean os postos operativos, tal e como se indicou dende a organización.

O número máximo de postos que se poderán instalar é de dez e os solicitantes do espazo poderán ser de Narón ou doutros concellos.

Lea también

A proxección da película “Ed Wood” abre no Pazo da Cultura de Narón o ciclo de cine “Historias extraordinarias”

O Concello de Narón e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, …