O BNG de Narón reclama o arranxo da sinalización da estrada de Pedroso

Na Estrada AC-112, ao seu paso pola parroquia de Pedroso «hai varios sinais na vía deteriorados como por exemplo o do paso de peóns que se atopa á altura da farmacia, o que supón un perigo para os viandantes xa que os condutores de vehículos non saben que existe este paso de peóns até que se atopan enriba do mesmo».

Desde o BNG instaron por rexistro ao goberno municipal «a que traslade estas deficiencias á Deputación, propietaria da estrada, ao mesmo tempo que lle solicitan que revisen outras eivas que poidan existir no concello e as arranxan ou llas trasladen ás administracións correspondentes». “O concello é a administración máis próxima ás veciñas e veciños e quen ten que velar porque as infraestruturas se atopan en óptimas condicións”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal.

Ao mesmo tempo desde o BNG tamén fixeron chegar á Deputación, a través da deputada provincial Cristina García, esta situación da estrada de Pedroso para que poñan solución.

Lea también

María Torrente Rodríguez asume la presidencia del Club Balonmán Narón tras la renovación de su directiva

El Club Balonmán Narón ha renovado su junta directiva tras la celebración de su Asamblea …