ForGA imparte en Narón cursos gratuítos para a inserción laboral de persoas desempregadas

Todos os cursos inclúen prácticas laborais e formación en prevención de riscos laborais.

Curso Narón-Persoas dependentes

A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (forGA) organiza na súa sede de Narón cinco cursos para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas.

Os cursos son de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible (soldeo TIG e soldeo MIG/MAG); Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e Habilitación para a docencia en grados A, B e C do sistema de Formación Profesional.

Os cursos comenzarán no mes de setembro e son 100% subvencionados. As alumnas/os recibirán a certificación oficial para optar de forma inmediata a postos de traballo na especialidade que elixa. Inclúen ademais prácticas en empresas e formación enprevención de riscos laborais. Hai un límite de 15 prazas por curso e as solicitudes deben facerse na web forga.gal. O único requisito é estar inscrito como demandante de emprego.

Estes cursos realízanse co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación. Para máis información poden dirixirse o teléfono 626 551255 (Comunicación forGA).

Lea también

A proxección da película “Ed Wood” abre no Pazo da Cultura de Narón o ciclo de cine “Historias extraordinarias”

O Concello de Narón e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, …