O Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, Ares, acolle un showcooking basado no ourizo de mar

Malia non poder celebrar como en anteriores anos a XXXII Festa do Ourizo ante as dificultades de capturar este produto do mar polos condicionantes metereolóxicos, o Centro Cultural Outeiro mantén a segunda das propostas inscritas na súa tradicional exhaltación do ourizo en Chanteiro.

O chef do Restaurante A Gabeira e membro do grupo Nove Miguel Ángel Campos estará nas súas instalacións para cociñar en directo nun formato de showcooking varias preparacións que toman como base o ourizo de mar.

Será o sábado, 26 de abril, dende as 18:30 horas e con aforo limitado. A cociña de Miguel Ángel Campos é un dos principais escaparates da gastronomía de Ferrol grazas á súa aposta pola fusión entre vangarda e tradición, co emprego de produtos galegos de calidade. Dende 1995 dirixe o restaurante familiar inaugurado en 1923 pola súa bisavoa, sendo a cuarta xeración en rexentar o negocio, pero introducindo fusións innovadoras. Formouse na escola de hostalería Lamas de Abade e tamén traballou no restaurante vasco Zuberoa.

Nesta ocasión, a veciñanza poderán presenciar a preparación de tres pratos con forte sabor a mar: ourizo con alga wakame, holandesa e raspadura de lima, pescada en salsa de ourizos e albariño e Pani Puri recheo de alga codium e ourizo.

O showcooking materialízase grazas ao proxecto ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’, impulsado polo Concello de Ares co Centro Cultural Outeiro de Chanteiro e o apoio económico da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o GALP Golfo Ártabro Norte e fondos da Unión Europea.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana extiende su oferta musical cara la primavera con tres eventos extra

La Filarmónica Ferrolana va extender de manera excepcional su oferta musical de cara a la primavera, con …