A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia reedita en Valdoviño o seu compromiso coa conservación da Galiña de Mos

O Concello de Valdoviño participa do proxecto de Avimós dende 2018.

Foto- Concello de Valdoviño

Os pequenos alumnos e alumnas da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia volven implicarse na conservación da raza Galiña de Mos, e este xoves, daban a benvida aos técnicos da Asociación Avimós. Deles recibiron as instrucións precisas para supervisar o funcionamento da incubadora que recreará as condicións que permitirán o nacemento, o vindeiro 15 de maio, dos novos pitiños desta raza.

Foto- Concello de Valdoviño

Tras a colocación dos 20 ovos, preséntanse por diante 21 días de coidados que os nenos e nenas realizarán baixo a supervisión das educadoras Montse, Rosi e María. Entre outros, asegurar un grao de humidade do 50% e unha temperatura estable de 37,8o. Estarán pendentes de botarlle auga á incubadora e seguirán o volteo ata os 2 días precedentes ao nacemento, cando os ovos terán que quedar quietos para facilitar a rotura do cascarón.

O proxecto de Avimós iniciábase en Valdoviño en 2018, ao ano seguinte de abrir o PAI, e nin a pandemia foi quen de paralizalo. Moitos dos pitiños foron «adoptados» polas familias, contribuíndo así á súa conservación e protección, e dando tamén visibilidade a unha raza que aínda continúa en perigo de extinción.

Lea también

Cabanas convoca 3 plazas con cargo al PEL de la Diputación de A Coruña

El Concello de Cabanas informa de la oferta de 3 plazas con cargo al Programa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *