O Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa organizan o “VII Festival de coros de Narón”

 

O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan este ano unha nova edición, a sétima, do Festival de coros de Narón, que terá lugar este sábado 26 no Auditorio municipal, na praza de Galicia.

A convocatoria dará comezo ás 17:30 horas, e na mesma, tal e como indicaron dende Areosa, actuarán a Coral Amistad (O Couto, Narón), o Coro Maristerra (Colindres, Cantabria) e a Rondalla Lucero del Alba (Neda).

A entrada a este evento musical é de balde, tal e como indicaron dende a organización.

Lea también

Equiocio Ferrol presenta el cartel de su 35 aniversario, obra de la ilustradora Carola Bouza

Equiocio Ferrol lanzaba este jueves en sus redes sociales la imagen con la que promocionará …