A historiadora e escritora Anabel Bello será a encargada de ler o pregón.

Ferrol será dende mañá venres e ata o domingo a capital do libro de Galicia, a cidade foi elixida para abrir o calendario das feiras do libro da nosa comunidade autónoma durante o 2025. A Federación de Librarías de Galicia xunto coa consellería de Cultura da Xunta de Galicia levan a cabo esta iniciativa, na que tamén colabora o Concello de Ferrol a través da concellería de Educación e Universidade.
Así desde mañá e ata o domingo a praza da Constitución acollerá unha nova edición desta feira, convertendo este espazo nun gran libraría onde se poderán adquirir libros para todos os públicos e, ademais, completarase cunha oferta cultural variada. A historiadora e escritora ferrolá Anabel Bello Platas será a encargada de inaugurar a feira co seu pregón, nun acto que terá lugar mañá ás 12.30 horas. Bello Platas é doutora en Historia e investigadora e é autora de A ceca: a derradeira fábrica de moeda de Galicia, A fabricación de fusís na ría de Ferrol, A capilla de Serantes ou Pazo Libunca.
Entre as actividades programadas están, entre outras, obradoiros como o de marcapáxinas plantables (día 25 ás 17:30 horas) e de escritura braille (día 25 ás 18:30 horas), Construindo en familia (día 26 ás 12 horas) para participar nos obradoiros haberá que inscribirse na web http://www.librarias.org . Outras actividades para os máis pequenos é o teatro para familias como Carapuchiña de Pedras de Cartón (día 26 ás 17:00 horas) e o contacontos musical con Amence no bosque de 2plicas teatro (día 27 ás 17:30 horas ).
Tamén haberá presentacións de libros: O clan das barbies de Antía Yáñez (día 25 ás 19:30 horas), Gorriones y halcones con lectura dramatizada a cargo de Carmen Blanco, José Antonio e Tania Villamarín (día 26 ás 18:30 horas), Os anos tranquilos de Llerena Perozo (día 26 ás 19:30 horas), Doce voz de megafonía de Xesús Constela (día 27 ás 12:30 horas ) e Runrún de Ana Varela (día 27 ás 18:30 horas). Así como firmas de libros na xornada do venres, entre outros, como Ángel Barrios asina Por obra y gracia (ás 17 horas), Silvia Pato Se busca editorial (ás 17.30 horas), Paula Merlán Lúa escusas (ás 18 horas), Rafael López Martín Sarmiento, o primeiro naturalista galego (ás 19 horas) e Miguel Gacio El ovni de Ferrol (ás 19 horas).
As firmas continuarán tamén o sábado e o domingo.

Nesta edición da Feira do libro de Ferrol participarán oito librarías e dúas editoriais. Nas xornadas do venres e do sábado, a feira permanecerá aberta de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
O programa completo da Feira do libro de Ferrol pódese consultar en: https://drive.google.com/file/d/1YZQJ8I6NjZpVxijIyCI9d3qpy2LpEpLZ/view