Cedeira felicita ós clubes de Remo e Natación locais polos éxitos acadados no que vai de ano

O Concello de Cedeira felicita aos clubes deportivos locais polos éxitos acadados no que vai de ano en diferentes competicións. Os resultados, explican desde o goberno municipal, confirman á vila como unha potencia deportiva dentro de Galicia e son consecuencia dunha aposta decidida por apoiar ás entidades e os valores que estas representan, como o traballo en equipo, o espíritu de superación, os hábitos saudables, etc.

El Club Remo Cedeira en una competición | Concello de Cedeira

En particular, o Concello quere salientar os resultados que nos últimos meses tiveron o Club Natación e o Club de Remo e recoñecer o seu traballo.

O Club Natación Cedeira segue a colleitar grandes éxitos en competicións nacionais e internacionais, con deportistas que acadan os primeiros postos e que constitúen, pola súa idade, potentes promesas cara ao futuro. Entre o máis salientable, a actuación na Copa de Europa de Triatlón celebrada na localidade portuguesa de Quarteira, á que acudiron Damián Suárez, Samuel Sánchez, Lucas Riola, Inés Serantes e Lara Solsona.

Damián Suárez logrou o 4º posto, cunha marca moi boa, ao tempo que foi o mellor da súa idade e o primeiro español que cruzou a liña de meta. Desde o club destacan tamén a actuación de Samuel Sánchez e lamentan os problemas que levaron a abandonar ao resto dos seus deportistas.

Disputou tamén esta entidade en Cidade Real o Campionato de España de Duatlón cunha destacada participación. Damián Suárez quedou campión de España, ao igual que o equipo junior formado por Damián, Lucas, Samuel e Manuel Muiño na súa categoría. Lucas Riola conseguiu un 4o posto e Samuel Sánchez o lugar 45 da clasificación, nunha proba con máis de 130 participantes e un nivel moi alto.

Na competición feminina, Lara Solsona brilou tamén no 4º posto e Inés Serantes e Alba Graña quedaron no 26 e no 29. No Campionato por Equipos, a local Sara Romero Galdo foi campioa, mentres que na clasificación por clubes, o Cedeira quedou no 2o posto.

O director técnico do club, Xan Suárez, destaca que a actuación de Damián Suárez en Portugal significou o seu pase directo para o Campionato do Mundo que se vai disputar en Pontevedra no vindeiro mes de xuño. En datas próximas e igualmente en Pontevedra desenvolverase tamén o Campionato do Mundo de Aquatlón, no que teñen praza tanto Damián Suárez como Lucas Riola, e no que Xan Suárez vai ser convocado como técnico da Federación Española.

Desde o Concello de Cedeira destacan que os resultados son froito do esforzo e o traballo de todo o equipo, ao que recoñecen o espíritu de superación que ten amosado ao longo dos anos.

Outro tanto pode dicirse do Club de Remo Cedeira, que segue a vogar con forza nas competicións nacionais e internacionais. No comezo de ano, o seu veterán Justo Pérez Cean obtivo dúas victorias no Campionato do Mundo de remoergómetro, nas distancias de 2.000 e 500 metros.

En febreiro chegou o segundo posto de Marcos Casal Iglesias, na categoría de cadete do Campionato de España de Longa Distancia que se disputou en Castrelo de Miño; Xa en marzo dispurátonse probas en Boiro e Zaragoza. A localidade galega acolleu o galego de remoergómetro, no que Cedeira ocupou o primeiro posto nas categorías de infantil feminino e cadete masculino,
con Leire Hermida e Marcos Casal respectivamente subindo ao podio.

Tamén en Boiro, o segundo posto na categoría absoluta masculina foi para Joaquín Montero; en terceiro lugar na de discapacitado intelectual masculino quedou Iván Sedes. Tamén alí gañou o ouro Justo Pérez en veteráns, mentres que o equipo formado por Rubén, Luis, Diego e Alejandro quedou segundo en relevos alevín masculino e Sofía, Iria, Saray e Blanca foron campioas en relevos alevín femininos.

Viaxou tamén no mes de marzo o Remo de Cedeira a Zaragoza, onde se disputaron o Campionato de España e o Open de España de remoergómetro. Alí colleitaron os primeiros postos en ambas as dúas competicións Leire Hermida, Marcos Casal Iglesias e Justo Pérez, respectivamente, nas categorías infantil feminino, cadete masculino e veterán masculino. Iria Iglesias, en alevín feminino, quedou subcampioa no Campionato de España e terceira no Open; Joaquín Montero foi subcampión e campión na súa categoría absoluta masculina respectivamente e Iván Sedes acadou o terceiro posto e o primeiro, na de discapacitado intelectual masculino.

O goberno local de Cedeira fai unha política decidida de apoio ao deporte en todos os niveis.

En 2023 incrementáronse un 60% a contía das axudas destinadas a entidades deportivas, que desde aquela anualidade suman 60.000€. O Concello realizou importantes investimentos na mellora das instalacións: a renovación do pavimento e o marcador do Polideportivo Municipal (151.000€, a través dun convenio coa Deputación); renovación do céspede artificial do campo do Beco (237.000€); as novas caldeiras para a piscina municipal (85.000€) e a renovación do sistema de deshumectación (38.300€); a ampliación do ximnasio (máis de 62.000€) e a adquisición de novas máquinas (20.000€); o cerramento e outras obras nas pistas de pádel (máis de 110.000€) ou a mellora das canastras e a pista de baloncesto de Floreal (20.000€) son algunhas das máis destacadas, ás que hai que sumar o respaldo municipal ás moitas competicións que acolle Cedeira ao longo do ano, organizadas polos clubes deportivos, e que contribúen a dinamizar a economía local.

Cómpre sinalar que o Concello de Cedeira está a tramitar a sinatura dun convenio coa Deputación da Coruña para ampliar a piscina municipal, de maneira que teña 25 metros de largo en lugar dos 16 actuais. A actuación precisa dun investimento próximo aos 550.000€, dos que a administración provincial asumirá 300.000€ e o Concello o resto.

Lea también

El Cios Vigo Infantil, campeón de la liga gallega sur

Otro año más el Cios Vigo Infantil consigue el titulo de liga gallega sur y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *