Narón acolle diversas iniciativas enmarcadas nos actos do Mes do Libro

A Biblioteca municipal de Narón acolle estes días varias iniciativas enmarcadas nos actos do Mes do Libro. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, recordou que este luns 21 mesmo comeza Trocolibro, unha actividade de intercambio de libros que se desenvolverá ata o sábado 26 deste mes, incluído, e que permitirá levar unha selección de libros da Biblioteca e da Axencia de Lectura da Gándara –neste último caso ata este venres 25-.

As persoas que o desexen poderán levar algunha das publicacións colocadas na mesa de Trocolibro, deixando ou non outra a cambio, cun máximo dun libro cada un/unha. A edil naronesa recordou ademais que xa se pode reservar praza para as xornadas de portas abertas que haberá o xoves 24 na Biblioteca –ás 11:00 e ás 18:00 horas- e o venres 25 na Axencia de lectura da Gándara –ás 17:30 horas-, para amosar as instalacións ás persoas interesadas e explicar os servizos que se prestan nestes centros municipais. As reservas poden realizarse de xeito presencial na Biblioteca do Alto ou chamando por teléfono ao 981 382 173.

O venres 25 deste mes -19:30 horas- programouse un espectáculo de narración oral para público adulto, a partir de 14 anos, a cargo de Lorena Pinheiro. A obra, protagonizada por Saladina e marcada pola chegada do teléfono público, está cargada de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións nos 80. A entrada é libre ata completar o aforo dispoñible da sala. Finalmente, este sábado día 26 –ás 11:00 horas- haberá unha sesión de contacontos dirixida a bebés de 6 a 36 meses.

A contadora Olga Abad traerá esta obra de títeres na que unha bibliotecaria ve como lle desaparecen todos os libros do centro sen deixar rastro, tendo que buscalos e vivindo moitas aventuras nese camiño. Para poder asistir os bebés teñen que ter entre 6 e 36 meses e o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes. As reservas poden realizarse dende mañá martes ás 16:00 horas de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

Lea también

Narón Kids, entre los mejores grupos de Danza Coreográfica del mundo en categoría absoluta

De nuevo la ciudad de Cambrils ha acogido una de las pruebas más importantes del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *