O equipo de Educación Viaria de Narón imparte un obradoiro de decoración de patinetes

O Concello de Narón organiza a través da concellaría de Seguridade Cidadá, presidida polo edil José Oreona, e en colaboración co Centro Comercial Narón, un obradoiro para decoración de cascos e patinetes dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos.

O equipo de Educación Viaria de Narón, integrado por Pedro Caneiro e Sonia López, será o encargado de impartir esta actividade, de balde e que non precisa inscrición previa. Haberá dúas sesións, unha de 11:00 a 12:00 e outra de 12:00 a 13:00 horas, e os menores non precisarán levar material, xa que se lles proporcionará no momento de levar a cabo a actividade.

Dende o Concello agradeceuse a colaboración do Centro Comercial Narón para levar a cabo iniciativas como a de mañá e tamén outras vencelladas á área de educación viaria.

Lea también

María Torrente Rodríguez asume la presidencia del Club Balonmán Narón tras la renovación de su directiva

El Club Balonmán Narón ha renovado su junta directiva tras la celebración de su Asamblea …