Narón entrega á vecinanza 340 caixas niño para aves insectívoras e morcegos

 O concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, desprazouse á parroquia do Val con motivo da colocación das últimas casetas de paxaros e morcegos realizadas este ano por alumnado do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, da Gándara, e do CIFP Ferrolterra.

A iniciativa, tal e como recordou o edil naronés, “forma parte dun proxecto municipal para favorecer a biodiversidade e dá continuidade a uns traballos iniciados o pasado ano e que esperemos que teñan continuidade colaborando de novo con estes dous centros, aos que agradecemos o seu labor como materializadores dun deseño indicado polo Concello”.

Acompañado por alumnado e profesorado do curso de Carpintería do CIFP Ferrolterra, o concelleiro naronés interesouse polo traballo realizado para construír as 300 caixas niño para aves insectívoras e as 40 para morcegos. Dende o Concello entregáronse numeradas ás veciñas e veciños de Narón para que as instalasen, segundo as indicacións recollidas nunha guía que tamén se entregaba con elas, na zona rural co fin de realizar un control biolóxico de pragas de insectos. O pasado ano entregáronse outras 350 caixas, tal e como recordou Ramos, “e a vontade do Concello é seguir apostando por este tipo de iniciativas medioambientais, que contan tamén co respaldo da Asociación de Morcegos de Galicia”.

Ramos recordou que se apostou inicialmente polas caixas niño para aves insectívoras, se ben en colaboración con esta última asociación se acordou tamén facer unhas específicas para morcegos, “atendendo a que se trata dunha especie que mantén o equilibrio nos ecosistemas nos que habita e que os expertos consideran moi importantes no control biolóxico de pragas”. O edil naronés recordou ademais que todas as persoas que o desexen poden recoller no Concello, na planta de acceso as guías editadas polo Consistorio

Lea también

Obras de consolidación y mantenimiento en el monasterio naronés del Couto

La diócesis de Mondoñedo-Ferrol ha realizado a lo largo de las últimas semanas obras de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *