Convocada unha concentración en Ferrol pola Folga no sector de Residencias privadas e centros de día

Foto-CIG
 
Coincidindo coa primeira xornada de FOLGA no sector das residencias privadas e centros de día, a CIG informa da manifestación e posterior concentración que as traballadoras do sector van realizar este xoves 10 de abril en Ferrol.
 
A saída está prevista ás 11.00 horas desde os locais sindicais da CIG en Ferrol e percorrerá a Avenida de Esteiro ata chegar ao centro DomusVi Ferrol, sobre as 11.30 horas, onde permanecerán concentradas durante media hora aproximadamente.
 
O motivo desta concentración «é demandar un convenio digno e con dereitos que garanta que os servizos e coidados que prestamos ás e ós usuarios sexan de calidade. Tamén queremos facer unha denuncia pública das nefastas condicións nas que estamos a desenvolver o noso  traballo», declaran no seu comunicado os medios .
 
 
 

Lea también

SAIC afirma que su proyecto en Ferrol salvaguardará «íntegramente» la seguridad nacional de España

SAIC, dueña de MG, confía en que la instalación de su planta de vehículos eléctricos …