O atletismo galego vive importantes xornadas de Tecnificación

Ana Peletiro e o seu adestrador Benjamin Campaoré, participantes.

Fuente Federación Galega de Atletismo/concetracion de saltos con Ana Peleteiro

Importante fin de semana o acontecido durante o sábado e domingo pasado co desenvolvemento de varias xornadas técnicas correspondentes ao Plan Galego de Tecnificación Deportiva 2025.

Nada menos que un total de catro foron os sectores chamados a tomar parte nas mesmas baixo unha notable asistencia que roldou o cento de rapaces e rapazas achegados e que polos seus rexistros e resultados, posicionanse na actualidade ao fronte das súas respectivas probas.

Comezando polo sábado, o módulo cuberto de Ribeira xuntaba a máis de trinta convidados e convidadas na sesión técnica de saltos que contou cuns convidados de luxo, Ana Peleteiro e o seu adestrador Benjamín Campaoré.

Fuente Federación Galega de Atletismo/concentracion de saltos
Fuente Federación Galega de Atletismo/concentracion de combinadas

A recente campioa de Europa e bronce mundialista, estivo compartindo co grupo de rapaces e rapazas achegados a esta sesión técnica, unha xornada de traballo na que se estiveron simultaneando partes prácticas con charlas teóricas que foron moi ben aproveitadas polo grupo de saltos e probas combinadas a cuxo fronte atopábanse os responsables técnicos Verónica Cores e David Gómez. De igual modo ata alí  tamén quixeron achegarse o Concellal de Deportes de Ribeira Xabier Vidal e Vicente Sánchez da FGA

Si esto acontecía en Ribeira, no CGTD de Pontevedra e cun fantástico día, outro grupo de tecnificación, o de lanzamentos, vivía unha fructífera xornada técnica da man do responsable de sector Frank Casañas. Xunto ao heptaolímpico estiveron os técnicos Gustavo Dacal quen se encargou do grupo de xavelinistas, José Manuel Hermida quen conduxo ao grupo de martelo e Manuel López Castaño que fixo o propio co de peso.

Fuente Federación Galega de Atletismo/concentracion de lanzamentos

Por último e xa o domingo, pechaba estas xornadas o grupo do sector de valos a cuxo fronte o responsable do mesmo Vicente Veiga, e acompañado por Ignacio Castro, Santi Ferrer e Ismael Costas, mantiveron nas pistas da USC de Santiago cos seleccionados, e os seus adestradores,  unha xornada de traballo e seguimento que se alongou desde as 11:00 ata as 19:30 horas.

Importancia e continuidade destas xornadas

Desde a Dirección Técnica da Federación Galega valórase moi positivamente este tipo de xornadas que teñen como principal finalidade, facer un seguimento dos novos valores do atletismo galego así como a de compartir cos seus adestradores impresións e criterios técnicos.

Ao longo do ano, continuarase con máis  sesións técnicas que tamén servirán para perfilar a composición das distintas categorías da Selección Galega nos seus vindeiros compromisos.

Lea también

Narón organiza catro novas andainas a través do programa “Ponte en ruta con nós”

A alcaldesa de Narón Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentaron a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *