Minuto de silencio ante o Concello de Narón tralo asasinato dunha muller en Ourense

Concentración silenciosa convocada para este mediodía ante a porta principal do Concello de Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, encabezou a concentración silenciosa convocada para este mediodía ante a porta principal do Concello tralo asasinato o pasado domingo de Josefa Fariñas, de 76 anos, no concello ourensá do Bolo.

O home da asasinada, Manuel Vidueira, de 72 anos, presuntamente acoitelouna no seu domicilio e chamou aos servizos de emerxencia, que non puideron salvarlle a vida. Á concentración acudiron tamén outros representantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Consistorio naronés.

“Contra a violencia de xénero” é o lema da pancarta que portaban as persoas que acudiron ao minuto de silencio para denunciar este asasinato por violencia machista, o primeiro en Galicia no que vai de ano. Dende o Consistorio manifestase novamente a repulsa a estes feitos.

EN FERROL

Tamén en Ferrol a corporación municipal, no transurso do acto de celebración do 600 aniversario do pobo x¡tano en España mantivo un minuto de silencio polo asasinato de Josefa Fariñas, de 76 anos, no concello ourensá do Bolo no que participaron o alcalde, José Manuel Rey Varela e membros dos grupos municipais.

Lea también

Inscrición en Narón para participar no “IV Trail Costa Ártabra”

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e o presidente da Asociación Deportiva Cultural …