Aberta en Narón a inscrición en dous cursos da plataforma Cemit que se impartirán en Xuvia

As persoas interesadas en asistir aos cursos de LibreOffice iniciación (Writer e Calc.) e de Iniciación á contabilidade poden inscribirse, de balde, dende este martes 8 na plataforma Cemit. Así o anunciou o concelleiro de Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero, que recordou que se ofertan un total de doce prazas para cada unha destas accións formativas.

As inscricións para estes cursos poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centros/naron. No curso de LibreOffice iniciación realizarase unha introducción xeral sobre este programa e abordaranse contidos como os conceptos fundamentais da edición de texto, os formatos básicos, estilos e maquetación, imaxes, táboas e elementos gráficos, documentos profesionais… e realizaranse exercicios prácticos.

Tamén se inclúe no programa Calc.: introdución ás follas de cálculo, para aprender a inserción e formato de datos, as fórmulas e funcións básicas, a xestión de táboas e filtrados, gráficos sinxelos, e exercicios prácticos. O curso de Iniciación á contabilidade comezará explicando que é e para que serve, e inclúe contidos como as bases do rexistro contable, a contabilidade dixital, principios e normas da contabilidade, o ciclo contable, ética e responsabilidade na contabilidade, libros diarios e maior, operación común, ferramentas dixitais para o rexistro, contabilidade de clientes e proveedores, balance de situación, conta de resultados, etc. Inclúe ademais unha parte de exercicios prácticos.

Ademais, o citado martes abre tamén o prazo para inscribirse nos exames EMA (probas presenciais exclusivas para as persoas que remataron os cursos de teleformación na plataforma EMA), que terán lugar no mes de maio, o luns día 12 (9:30 a 10:30 horas); o mércores 21 (19:00 a 20:00 horas) e o venres 30 (de 12:30 a 13:30 horas).

Lea también

Obras de consolidación y mantenimiento en el monasterio naronés del Couto

La diócesis de Mondoñedo-Ferrol ha realizado a lo largo de las últimas semanas obras de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *