Á venda as entradas para asistir ao Trasancos Rock Narón

A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, presentou este venres 4 con Fran López, Óscar González, Sito Méndez e Marcos Faraldo, da asociación sen ánimo de lucro Trasankos Rock, a primeira edición do Trasanckos Rock Narón, un evento que se celebrará o vindeiro 7 de xuño na zona da rúa das Cerámicas, en Pena Parda (San Xiao) e que “promete converter Narón no epicentro da música punk rock”, tal e como indican dende a organización.

Os integrantes da entidade deron a coñecer o citado venres parte do cartel deste evento, cita ineludible para “rockeiros e punkarras” que queiran desfrutar dunha tarde noite con propostas moi variadas. Como cabeza de cartel contarán coa asistencia de Evaristo Páramos, que co seu grupo Tropa do Carallo –xunto con Abel Murua- segundo indicaron, é o máximo representante a nivel nacional e internacional da música punk rock, que estes días leva nunha xira por América Latina.

Así mesmo, entre as bandas que acudirán, galegas e nacionais, figuran tamén os grupos Manifa, Raiade, Lenincat e Lixo Sozial, pendentes aínda de pechar todas as formacións nos vindeiros días.

As entradas están xa á venda en woutick.es e son de balde para os menores de 12 anos, que si que terán que ir acompañados por un titor e asinar unha autorización que poden descargar da web: trasankosrock.com. Ofrécese ademais ás persoas que acudan unha zona de acampada de balde, que se debe reservar ao mercar a entrada, que ten un custe de 27,50 euros.

O mellor punk rock completarase cunha ampla oferta de food trucks na zona –con opción vegana- e unha zona para camper e furgonetas, a maiores das xa indicadas de parking e camping de balde.

Dende o Concello, a edil Mar Gómez agradeceu o labor da asociación Trasankos Rock para poder convocar este evento na cidade e animou aos amantes da música punk e rock “que terán unha excelente oportunidade de desfrutar coas bandas que forman parte do cartel desta primeira edición, que desexamos e confiamos que terá continuidade en vindeiros anos”.

Lea también

Destacadas figuras conforman a programación cultural en Ferrol no segundo trimestre 2025

A programación cultural prevista para o segundo trimestre de 2025 foi presentada en rolda de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *