Actividade: Achegamento aos insectos; a las 11:00 horas en el Centro cívico social do Couto.
Os menores de entre 6 e 12 anos aos que se dirixe esta actividade do programa municipal Guizo, impulsado a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, tratarán de capturar insectos e outros invertebrados empregando capturadores e material óptico, para devolvelos ao seu medio ao remate da actividade.
Construirán tamén un hotel de insectos para fomentar a biodiversidade no contorno do Couto. A actividade require inscrición previa.
Actividade: Coñecendo a Andersen; a las 11:00 horas, en la Biblioteca municipal.
Con motivo do Día internacional do libro infantil e xuvenil, que se conmemora cada 2 de abril, organizouse esta sesión multidisciplinar dirixida a menores a partir de 4 anos. Terán a oportunidade de coñecer a figura de Hans Christian Andersen e o seu legado literario. A actividade require inscrición previa.
Actividade: Filtro; a las 20:00 horas, en el Pazo da Cultura.
A Sala Verdi e La Dramática Errante traen a Narón este espectáculo de teatro documental que se centra nuns feitos acaídos no ano 1994 en Montevideo, os Sucesos do Hospital Filtro, un episodio histórico que trata de facer reflexionar ao espectador sobre o asilo político, a xustiza e a solidariedade internacional. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.