Uns 350 escolares participan nos obradoiros de murais programados dende polo Concello de Narón en centros de ensino

Mural

Uns 350 escolares de once centros de ensino de Narón participan nos obradoiros de murais que se levan a cabo no marco do Programa de recursos educativos de apoio á escola impulsados polo Concello de Narón. A proposta consiste, tal e como indicou a edil de Ensino, Olga Ameneiro, en realizar un mural nalgún espazo do colexio durante o período escolar para decoralo a través dunha manifestación pictórica creada coa base do traballo comunitario do alumnado.

Os murais lévanse a cabo entre os meses de decembro e xuño nos colexios Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, CRA (escolas do Val e Domirón) e o IES As Telleiras. Alumnado de terceiro a sexto curso de educación primaria e de cuarto da ESO –no caso do IES- é o que se encarga de decorar estes espazos, tal e como apuntou a edil naronesa.

Unha das finalidades desta actividade é contribuír no desenvolvemento da creatividade artística das nenas e nenos, ao tempo que fomentamos o traballo en grupo e a posibilidade de que sexan eles os que tomen determinadas decisións sobre o xeito no que levan a cabo as tarefas encomendadas”, explicou Ameneiro. A concelleira agradeceu a implicación dos centros de ensino participantes neste programa e a súa colaboración.

Lea también

A corporación local de Narón aproba instar á Xunta a realizar investimentos nos colexios públicos

No pleno celebrada na tarde deste xoves os grupos municipais de TEGA, BNG e PSOE …