O INE comunica un incremento no censo de poboación de Narón de 662 habitantes no último ano

O Instituto Nacional de Estatística (INE) comunicou ao Concello de Narón un incremento de 662 habitantes no último ano. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, indicando que a proposta de poboación do citado organismo con data 1 de xaneiro de 2025 é de 39.947 habitantes.

Imaxe aérea Narón-Foto concello

A rexedora local destacou o feito de que “a cidade continúa medrando, atraendo poboación de todas as idades e consolidando o seu futuro, que á vista dos datos oficiais mantén unha liña de crecemento”. A alcaldesa destacou que “Narón é unha cidade ben comunicada, cunha gran variedade de servizos dirixidos a persoas de todas as idades, unha ampla oferta cultural, deportiva e de lecer, cun patrimonio histórico e natural moi valioso… é, en definitiva, unha cidade para vivir e desfrutar día a día”.

A todo isto contribúe tamén o feito de que sexamos o motor industrial desta comarca, cunha aposta firme do tecido empresarial por asentarse e medrar dende Narón. “Hai uns días coñeciamos os datos oficiais de afiliación na cidade, que tamén continúan medrando, en 525 persoas no último ano e nada menos que en 1.575 persoas nos últimos 15 anos». “Son datos que reflicten o bo momento que está vivindo Narón nos últimos tempos, o fiel reflexo dunha realidade que sen dúbida é unha moi boa nova para as naronesas e naroneses”, recalcou a rexedora local.

O Concello dispón de prazo ata o 9 de abril para comunicarlle ao INE o número total de habitantes que, segundo os datos que constan na citada administración, tiña a día 1 de xaneiro a cidade, co fin de contrastalos cos ofrecidos polo INE de cara á posible inclusión de novos habitantes, no caso de que así resultase.

Ferreiro manifestou o seu compromiso de “continuar traballando como o viñemos facendo nos últimos anos dende o goberno local para que Narón siga sendo un lugar atractivo para vivir, unha cidade cada día máis accesible, máis inclusiva, un Narón para todas e todos”.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o X Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular

A décima edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular remata esta fin de semana …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *