Pontedeume se prepara para vivir a I Feira do Queixo

O evento gastronómico terá carácter internacional, posto que entre as máis de 20 queixerías participantes hai numerosas do territorio nacional e tamén de Portugal. O alcalde de Pontedeume destacou “o gran labor que se está a realizar dende o Concello para poñer en valor os produtos quilómetro cero” .

Máis de 20 queixerías nacionais e de Portugal participarán en Merca Queixo, a I Feira do Queixo do Concello de Pontedeume que terá lugar os días 26 e 27 de abril na Alameda de Raxoi. 

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, a concelleira de Cultura, Ángela Piñeiro, e o presidente da Cooperativa de Campo Capela, Domingo Souto, presentaron no Galicia Fórum Gastronómico este evento pioneiro en Pontedeume.  

Xosé Regueira, deputado de Turismo da Deputación da Coruña; Domingo Souto, presidente da Cooperativa de Campo Capela; alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro; concelleira de Cultura, Ángela Piñeiro, e Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura do Concello da Coruña

Con esta nova feira, o Concello de Pontedeume busca poñer en valor a gran tradición de produtos alimentarios artesanais existente en Galicia e, en particular, do queixo e a súa vincución á vila eumesa. Dende o Concello de Pontedeume estamos a apostar pola posta en valor dos produtos de proximidade e quilómetro cero, que representan a calidade e excelencia dos produtos galegos”, explicou o alcalde de Pontedeume na presentación. 

“Queremos amosar a tradición queixeira da nosa vila e lembrar a estampa histórica da nosa rúa real ateigada de mulleres que vendían queixos nos soportais”, engadiu.   

Alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro

Showcookings, obradoiros para público familiar, degustacións, eventos musicais, coloquios, e moito máis. O programa da I Feira de Queixos de Pontedeume inclúe unha ampla variedade de actividades para todos os públicos. 

O obxectivo do Concello de Pontedeume é divulgar e dar a coñecer a cultura do queixo, fomentar a relación entre os distintos produtores, abrir un concepto de mercado onde o cliente teña interese por coñecer a orixe do produto e potenciar o turismo gastronómico.  

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Ángela Piñeiro Carrera, destacou “que esta celebración manifesta o compromiso do Goberno municipal co comercio e cos pequenos produtores, que son un motor esencial da economía galega e local” 

Pola súa banda, o presidente da Cooperativa de Campo Capela, Domingo Souto, agradeceu a iniciativa ao Concello de Pontedeume e sinalou que traballarán “para que Merca Queixo sexa un referente ao longo do tempo”.  

O evento organizado polo Concello de Pontedeume en colaboración coa Deputación da Coruña tamén contará co patrocinio de Celta, Unión de Comerciantes e Autónomos Eumeses (UCOA), e da Cooperativa de Produtores Campo de Capela.  

Lea también

Valdoviño acogió una nueva edición del Mercado sostenible

En una jornada marcada por el calor asfixiante, el sábado 28 la Puerta del Sol …