As Pontes investirá 74.200 euros na mellora do camiño de Bidueiro

O Concello das Pontes ten previsto continuar coa renovación do viario de Bidueiro (fase 3), ata o cruce que leva ao núcleo do Caxete, na parroquia do Freixo, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 74.200 euros.

Fuente Concello de As Pontes

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza e permitirá a reparación integral do viario

“Estes viarios teñen moita importancia para a comunicación entre os núcleos rurais da vila e aínda que durante os últimos anos estivéronse realizando traballos de mantemento pero estaban a sufrir importantes deterioras. Con estas obras seguimos coa nosa folla de ruta para mellorar as infraestruturas no ámbito rural e favorecer a calidade de vida dos nosos veciños” apuntan desde o goberno local.

A intervención proxectada consiste na rehabilitación superficial do firme mediante reparación puntual das fochas existentes e posterior recrecido con aglomerado asfáltico en toda a superficie de actuación. Así mesmo realizarase a limpeza e perfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme.

Rematarase a actuación coa sinalización horizontal mediante liña continua de cor branca en ámbalas dúas marxes.

Lea también

Aprobados los días festivos en Valdoviño para el 2026

La corporación municipal de Valdoviño aprobaba este jueves en pleno los festivos locales para el …