A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Ferrol Montserrat Dopico denuncia «a incoherencia dun PP que con maioría absoluta goberna dando bandazos de xeito inexplicable tamén no eido da cultura. “Os populares pararon en 2023 a celebración do concurso de piano por motivos claramente electoralistas, pero decidiron recuperalo un ano máis tarde voltando a un formato completamente obsoleto cuxos resultados foron, a todas luces decepcionantes por non dicir nefastos”, incide a edila socialista.
O grupo socialista de Ferrol denuncia que «os populares non sexan quen, despois de tantas críticas aos gobernos anteriores, de xestionar o Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol».
«Tras a celebración en 2024 da XXXIV edición, na que o rexidor popular mostraba o seu orgullo por abandeirar novamente un concurso totalmente consolidado e cun recoñecido prestixio internacional, os populares veñen de anunciar que, a celebración do concurso, en vista dos últimos resultados, pasará a ser bianual».
“A participación in extremis de só 19 concursantes nesta última edición, non avala a celebración dun certame así na cidade, por máis que queramos defender o indefendible”, insiste Montse Dopico, “xustificar que a meirande parte do presuposto foi asumido pola Deputación de A Coruña e non polo Concello, non xustifica en absoluto os pésimos resultados de participación pese a que o concelleiro intente alegar que foron debidos a criterios premeditados de calidade».
“Outro tanto» continúa a concelleira socialista, «poderá acontecer co futuro museo da cidade, cuxo proxecto está paralizado polo Concello a pesares de que o alcalde o dea coma un feito consumado, xa que non conta nin con orzamento nin co personal necesario para atender as necesidades elementais dunhas instalaciones museísticas».
Os socialistas instan ao alcalde «a pór os pes na terra e a traballar nos moitos frentes abertos que xa ten a cidade sen necesidade de recurrir a iniciativas incoherentes e improvisadas que, como o Concurso de Piano, acaban nun caixón«.