64 maiores de 50 anos participan nas Pontes na nova edición da Universidade Sénior da UDC

Este mércores 12 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocomunitario das Pontes a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes. Nesta edición, 64 persoas maiores de 50 anos participarán nesta iniciativa formativa.

A Universidade Sénior da UDC, co apoio da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello das Pontes, pon en marcha este Programa de Formación Universitaria, que se desenvolverá no Centro Sociocomunitario de As Pontes (Avda. de Ferrol nº 23).

O acto de inauguración contará coa presenza da subdirectora da Universidade Sénior, Elena Arce Fariña, e da concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, Tania Pardo Cabarcos.

O programa desenvolverase entre marzo e abril, estruturado en tres módulos temáticos, con sesións teóricas e prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, dous días á semana. As áreas de coñecemento abordadas serán:

MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

12 de marzo: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
13 de marzo: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
18 de marzo: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela

MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

26 de marzo: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
27 de marzo: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
2 de abril: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío

MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

9 de abril: “Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
10 de abril: “O Cambio Climático: causas e consecuencias”, Prof. Salvador Fojón Polanco
23 de abril: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez

Clausura e xornada cultural na Coruña

O programa pecharase cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, que culminará co acto de clausura e entrega de diplomas o 24 de abril de 2025.

Con esta iniciativa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos da comarca pontesa, dando resposta ás súas inquietudes e necesidades formativas, como vén facendo desde a súa primeira edición en 2018.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …