Servizos Sociais de Fene, Mugardos e Neda anuncian unha charla sobre preadolescencia e adolescencia

No marco do programa de prevención de condutas aditivas “Máis que un teito” que están a desenvolver, o Concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda dan un paso máis e complementarán os obradoiros que imparten en distintos centros escolares cun encontro aberto dirixido ás familias, Anpas e representantes de entidades sociais.
 
 
A sesión, prevista para o luns 17 de marzo ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Fene,  abordará o tema da “Preadolescencia e adolescencia: entender para poder conectar” e estará dirixida pola psicóloga e educadora de disciplina positiva Andrea Bechlian.
As inscricións, abertas até o vindeiro 14 de marzo, poden realizarse a través do enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal, achegando cuberta a ficha de inscrición (que está a disposición da veciñanza na web municipal www.fene.gal) ou nos teléfonos 981 342 607981 492 706 do Centro Municipal de Servizos Sociais. As prazas cubriranse por orde de inscrición até completar o aforo.
O obxectivo da actividade é “sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada”, evitando o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva da igualdade de xénero.
 
A xornada vai dirixida a representantes das ANPAs, entidades sociais e familias aos que se lles ofrecerá manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …