O Campus de Ferrol acolle o XIII Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia

O XIII Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia reúne, este xoves 13 e venres 14, a partires das 09:00 horas, na sede de Afundación e na Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, a máis de 180 participantes, na súa inmensa maioría, alumnos de podoloxía de Galicia e de Castela e León, así como a un bo número de persoas expertas neste campo procedentes de distintos puntos de España.

Laura Sueiro e Alejandro Mañez, presidenta e vicepresidente do Comité Organizador do XIII Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia

Un ano máis, o evento está organizado polo alumnado do 4º curso do grao en Podoloxía do campus ferrolán en colaboración coa Asociación Galega de Estudantes de Podoloxía da Universidade da Coruña (AGEP UDC), nada en novembro de 2024.

O programa deste XIII Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia inclúe, na mañá do xoves 13 de marzo, as conferencias do director da Clínica Felipe Basas de Salamanca, Felipe Basas; do xerente da Clínica Podológica Vigil de Oviedo, Manuel L. Vigil; do podólogo na Policlínica Os Ánxeles de Brión, Manuel Vidal; e máis da experta en podoloxía deportiva e profesora asociada na Universidad Católica de Valencia (UCV), Raquel Alabau.

Xa pola tarde, a Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, acolle un total de 11 obradoiros teórico-prácticos impartidos, entre outros, polo podólogo do Real Betis Baloncesto, Carlos Virosta; pola profesora do grao en Podoloxía na Universidade da Coruña (UDC), Magdalena Martínez, polo experto en Valoración e Readaptación Funcional de Pé e Nocello por TFT, José Gabriel Garrido; pola xerente da Clínica Armesto de Lugo, Alba L. Armesto; pola directora da Clínica Soagar en Marín, Sara Campo ou polo podólogo no Centro Clínico Quirúrgico de Vigo, David Cid.

O Taller de Ortopodoloxía, a Sala de Quiropodoloxía, a Sala de Moldes, a Sala de Exploración, o Gabinete de Quiropodia e a Sala de Biomecánica serán algúns dos espazos da Facultade de Enfermaría e Podoloxía nos que se impartan boa parte deses obradoiros teórico-prácticos, unha proposta formativa na que tamén participan o director da Clínica Podolóxica Agrapé de Santiago de Compostela, Esteban Juan G. Agrapé; a podóloga das Clínicas Aleria de Madrid, Mariana Mitran; a directora da Clínica Pousa o Pé de Vigo, Débora Pousa, e a graduada en Podoloxía pola Universidade da Coruña (UDC), Andrea Iglesias.

Pola súa banda, o programa do congreso, inclúe, para a xornada do venres 14 de marzo, as conferencias de, entre outros, o director da Policlínica Rivas en Boiro e Ribeira, Carlos Rivas; o membro da ONG Podología Sin Fronteras, Carlos Arcas; o director da Clínica Supie de Valladolid, Héctor Alonso; e o podólogo do Real Madrid Castilla e da Selección Española Absoluta de Fútbol Feminino, David Chacón.

Lea también

Palilleiras de toda Galicia déronse cita na “XIX Xuntanza de Palilleiras de Neda”

Un total de 370 palilleiras chegadas de boa parte de Galicia e máis de Soria …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *