A Deputación estará presente en BioCultura cun amplo programa de case 40 actividades

A institución provincial ofrecerá showcookings e conferencias diversas baixo o marco da súa campaña ‘A paisaxe que sabe’.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña estará presente en BioCultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos que na súa sexta edición en Galicia celebrarase do venres 7 ao domingo 9 de marzo no recinto EXPOCoruña da cidade da Coruña.

A institución provincial ofrecerá un amplo programa con case 40 propostas desenvolvidas arredor da súa campaña ‘A paisaxe que sabe’, coa que pon o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a estratexia de compromiso cun turismo de calidade, que promova a preservación do medio e a mellora socioeconómica da contorna.

Fuente Diputación de A Coruña

De xeito concreto, a planificación de iniciativas da Deputación vertébrase a través de dous eixos. Por unha banda, os showcookings que ofrecerán Cafés Lúa, Xearte Brigitte, Orballo Infusións, Lenatt Food, A Despensa D’Lujo, os estudantes de Paseo das Pontes e o cociñeiro André Arzúa, de Espazo Abella. Así, durante os tres días do evento, levaranse a cabo 20 presentacións e degustacións de produtos do mar, do campo, de xeados, cafés ou infusións.

Por outra banda, a Sala Ágora de EXPOCoruña acollerá unha vintena de actividades diversas, presentadas por persoeiros de diferentes índoles como a socioloxía, a mediciña, a mercadotecnia, a enxeñaría agrónoma, a nutrición ou a bioloxía.

Deste xeito, o público presente poderá desfrutar de conferencias sobre alimentación sostible, cociña solar, os tóxicos na comida, a dopamina, as bacterias, a vida saudable, a cosmética, a natureza e a infancia ou os mitos da produción ecolóxica.

Lea también

Jóvenes en riesgo de exclusión podrán subvencionar su formación con hasta 16.380 euros con el plan Galicia Moza con Alma

Jóvenes gallegos de entre 18 y 30 años de edad que sufran «situación de vulnerabilidad» …